Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PREGUNTAS FRECUENTES

Cal é a túa pregunta?

Preguntas

  • Podo mercar un billete de ida e volta con diferente tarifa para o traxecto de ida que para a volta?

    Si, para iso debes realizar o proceso de compra en dous pasos, pechando a compra de cada traxecto de forma independente. Se o sistema de selección de praza non permite elixir unha praza con maior desconto nun dos traxectos é debido a que non hai prazas dispoñibles para esa tarifa seleccionada.

    • ¡ReVibaixas! Merca a tempo e ¡Viaxa ao 50%!
    • Selección de asentos no proceso de compra.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Como podo comprobar os diferentes descontos para unha expedición na páxina web?

    Tras seleccionar o teu traxecto (Orixe - Destino) na data que prefiras, pulsa o botón "Mercar / Ver Horarios" e a continuación, xa no apartado "Selecciona o teu horario", fai clic no botón "Prezo".

    Ao clicar sobre este botón ábrese unha pestana con información na que podes comprobar todos os descontos aplicables á túa expedición, incluídos os de ReVibajas se estivesen dispoñibles:

    - Especial "ReVibajas" 50% 
    - Especial "ReVibajas" 40% 
    - Especial "ReVibajas" 30% 
    - Especial "ReVibajas" 20% 
    - Especial "ReVibajas" 10%

    • podo-mercar-un-billete-de-ida-e-volta-con-diferente-tarifa-para-o-traxecto-de-ida-que-para-a-volta
    • podo-mercar-un-billete-de-ida-e-volta-con-diferente-tarifa-para-o-traxecto-de-ida-que-para-a-volta

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • ¿Debe responder a empresa ante os obxectos que perdín durante o servizo de transporte?

    Segundo as condicións do servizo, a vixilancia dos bultos de man corresponde ao viaxeiro ao que acompañan, polo que a empresa non se responsabiliza dos danos e/ou deterioro que poidan sufrir, nin tampouco nos casos de roubo, extravío ou perda dos mesmos.

    Finalmente lembrámosche que, se o desexas, podes formular unha reclamación por estes feitos no libro oficial de reclamacións (dilixenciado pola Administración competente) que está á túa disposición nos despachos e vehículos da empresa.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Unha vez adquirido o billete con desconto, ¿é posible que se produza un cambio na praza seleccionada á hora de efectuar o traxecto?

    Si, a empresa transportista resérvase o dereito a modificar a capacidade do vehículo que finalmente preste o servizo, actuación que podería implicar nalgún caso que fose necesaria a reubicación das prazas seleccionadas polos usuarios, se ben en todo momento se respetarán as tarifas contratadas por cada un deles. 

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • ¿Que é PayPal?

    PayPal é un sistema de pago a través de Internet que permite axilizar as compras de forma segura, sen necesidade de compartir detalles de tarxetas ou contas bancarias. Para realizar a transacción, en primeiro lugar debe vencellarse unha tarxeta ou conta bancaria cunha conta na web de PayPal.  Unha vez creada a conta de PayPal, só será necesario introducir as claves de acceso (email e contrasinal) para realizar o pago en calquera portal web no que estea operativo este método de pago.  

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • ¿Teño de pagar algún tipo de comisión nas compras que realice na web de Monbus a través de Paypal?

    Non, os importes dos billetes non variarán nin haberá ningún tipo de recargo adicional ou comisión para os clientes nas compras efectuadas a través deste medio.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • ¿Como funciona PayPal na web de Monbus?

    Durante o proceso de compra na web de Monbus, terás que elixir esta forma de pago facendo clic no botón “Pagar con PayPal”. Unha vez seleccionada esta opción, serás redirixido fóra da web de Monbus á páxina web de PayPal, onde só necesitarás introducir as claves de acceso (correo electrónico e contrasinal) para realizar de forma rápida e segura o pago con PayPal. Os pagos realizados a través deste medio non están suxeitos a recargos adicionais ou comisións para os clientes de Monbus.

    • podo-mercar-un-billete-de-ida-e-volta-con-diferente-tarifa-para-o-traxecto-de-ida-que-para-a-volta

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • ¿Deben os menores utilizar cinturón de seguridade a bordo de vehículos de máis de 9 prazas?

    Segundo o Real Decreto 667/2015 de 17 de xullo, en vigor a partir do 1 de outubro de 2015, nos servizos de transporte regular, os ocupantes de tres ou máis anos de idade e de estatura igual ou inferior a 135 centímetros deberán utilizar sistemas de retención infantil homologados debidamente adaptados á súa talla e peso. A cadeira homologada deberá ser traída polo responsable do menor.

    Cando non se dispoña destes sistemas utilizaránse os cinturóns de seguridade do vehículo, sempre que sexan axeitados á súa talla e peso. Esta obriga non será esixible segundo a normativa vixente naqueles vehículos que non teñan instalados cinturóns de seguridade.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • ¿Como solicitar o servizo de Transporte para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR)?

    Se viaxas ca túa propia cadeira de rodas o servizo debe de solicitarse a través do email de contacto info@monbus.es con 24h de antelación.

    O horario de atención é de:

    • Luns a Venres de 8:00 a 21:00.
    • Sábados e Domingos de 9:00 a 13:30 e de 15:00 a 21:00.
    • Festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

    Tamén pode contactarse a través do teléfono de Atención ao Cliente, 900 92 91 92, no mesmo horario anteriormente citado.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Que se necesita para pedir o servizo de transporte PMR?

    Simplemente será necesario solicitar o servizo e especificar que liña é e os horarios nos que a persoa con mobilidade reducida necesita desprazarse.

    Pode tratarse dunha data concreta ou dun servizo regular.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.