Festa do Albariño (Cambados)
Dende as súas orixes, na década dos 50, como unha xuntanza de amigos que competían para ver cal dos seus viños era o mellor, a Festa do Albariño de Cambados converteuse nunha das citas gastronómicas máis esperadas do ano en Galiza, sendo declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Ademais, deu nome a toda a Denominación de Orixe Rías Baixas e logrando que Cambados sexa declarada como Conxunto Histórico Artístico e Cidade do Viño.
Son centos de miles de persoas as que acoden cada ano á localidade pontevedresa para gozar desta festa vinícola, a máis antiga da comunidade galega.
O Paseo da Calzada acolle as casetas en las que los bodegueiros ofrecen os seus mellores viños a prezos populares; a su lado, as carpas gastronómicas onde os visitantes poden degustar a exquisitez da comida típica galega, acompañando sus albariños de pratos tan populares como a empanada galega ou produtos do mar de extraordinaria calidade. Ademais das degustacións, un amplo programa de actividades deportivas, infantiles, culturais e musicais completan estas xornadas festivas.
Outro elemento que cobra especial protagonismo son as Peñas del Albariño, que coas súas vistosas e orixinais camisetas, chean de cor e alegría unha celebración que cada ano gaña máis adeptos.
Viaxa comodamente connosco e evita que o desprazamento sexa unha preocupación. Consulta os horarios de liña regular para viaxar dende O Grove, Padrón, Santiago, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e todas as conexións posibles para chegar a Cambados con Monbus. Tal vez prefiras alugar un autocar ou alugar un coche para que vaias con quen queiras, cando queiras e como queiras.