De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD) informámoste que os datos solicitados mediante o presente formulario serán engadidos nun ficheiro de selección de persoal inscrito no Rexistro de Protección de Datos cuxo responsable é MONFOBUS, S.L., con CIF B-27.103.969. É importante que teñas en conta que os datos que se solicitan son obrigatorios, polo que se non os cobres, non poderemos incorporar o teu CV ao proceso de selección concreto para o que o enviaches ou, no seu caso, á bolsa de traballo. En ningún caso deberás engadir no teu CV, datos persoais que fagan referencia á túa ideoloxía política ou relixiosa, crenzas, orixe racial, datos referentes ao historial médico, orientación sexual ou afiliación sindical.

A información que solicitamos a través do formulario serviranos para poder crear a base de datos dos distintos candidatos a cubrir os postos de traballo que se ofertan a través do sitio web, efectuar o correspondente proceso de selección e comunicar os resultados do mesmo, polo que, agás que indiques o contrario, teranse en conta tamén en futuros procesos de selección que se axusten ao teu perfil profesional. Deste xeito ao inscribirte na oferta ou enviar o teu CV e aceptar esta cláusula declaras que os datos facilitados son correctos, e das o teu consentimento expreso para que sexan recollidos e tratados nun ficheiro de titularidade de MONFOBUS, S.L, entidade encargada de efectuar os procesos de selección da empresa, todo isto de acordo co disposto no Art. 5 e seguintes da LOPD; e no Art. 12 e seguintes do RD 1720/2007; e para que nos dirixamos a ti a través do teléfono de contacto e/ou o enderezo de correo electrónico que nos facilites. Así mesmo, como no sitio web tamén se poden ofertar postos vacantes de distintas empresas, ao inscribirte na oferta ou enviar o teu CV e aceptar esta cláusula, consintes de xeito expresa que comuniquemos os teus datos, coa mesma finalidade, á empresa de transporte que oferte o posto de traballo, así coma o resto de empresas que oferten postos de traballo a través do sitio web para futuros procesos de selección. Esta comunicación de datos permitirá levar a cabo o proceso selectivo.

A información que facilites deberá ser veraz, polo que ao inscribirte na oferta, cubrindo o formulario e enviándonos o teu C.V., garantes a autenticidade de todos os datos que comuniques. Calquera candidato que insira un contido que contraveña a legalidade vixente deberá asumir a responsabilidade dos prexuízos e consecuencias derivadas desa acción. Nese sentido e de xeito ilustrativo e non limitativo, está prohibido remitir contido que:


Finalmente, informámoste que tes a posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante petición dirixida á dirección de correo electrónico tic@monbus.es, ou mediante comunicación escrita e debidamente asinada dirixida ao seguinte enderezo: R/ Cotón de Arriba 2, Polígono da Louzaneta 27297 Lugo (a carta deberá dirixirse ao Dpto. TIC), achegando en unha fotocopia do DNI ou pasaporte.

No caso que comuniques datos de carácter persoal referentes a terceiros, deberás informar previamente dos extremos contidos nos párrafos anteriores.