Pódense transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, instrumentos musicais?
Se queres transportar bicicletas, táboas de surf, esquís, etc… deberás facturalas no momento de adquisición do billete, polo que terás que aboar a tarifa especial que se indica durante o proceso de compra na páxina web www.monbus.es. A posibilidade de transportar este tipo de obxectos verase supeditada á dispoñibilidade de espazo no maleteiro do vehículo e, en todo caso, o máximo de unidades que se poderán transportar por vehículo será de tres, non podendo transportar máis dunha por viaxeiro. Deberás embalar correctamente a túa equipaxe especial (bicicletas, táboas de surf, esquís, etc…) para evitar deteriorar ou ensuciar a equipaxe do resto de pasaxeiros, así coma preservar o estado da túa. No caso das bicicletas, ademais de embalalas, deberás levalas coa roda dianteira desmontada. No caso de transportar este tipo de obxectos deberás presentarte ao embarque cunha antelación mínima de dez minutos sobre a hora estimada de saída. Se ao chegar ao embarque comprobas que non hai espazo no maleteiro para transportar algún destes obxectos, a empresa adoptará as medidas oportunas para trasladalo no seguinte servizo no que haxa espazo dispoñible, sen que teñas dereito a indemnización de ningún tipo por este cambio.