Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Fallas (Valencia)

Catalogada como Festa de Interese Turístico Internacional, As Fallas atraen cada ano a miles de persoas de todo o mundo. Trátase dunha festa que xunta tradición, arte e sentimento.

As rúas de Valencia énchense de impresionantes monumentos de cartón-pedra: Son os ninots, auténticas obras de arte disfrazadas de sátira e crítica.

Poderás gozar deles ata o día de A Cremá, momento no que arden baixo un auténtico espectáculo de lume, luces e música. Arderán todos menos un, o elixido por votación popular, o cal líbrase das chamas para ir a formar parte do Museo Fallero.

Aínda que as Fallas se celebran entre o 15 e o 19 de marzo, o ambiente vaise quentando dende o día 1 cas Mascletás, estruedosos espectáculos de pirotecnia que se realizan todos os días ás 14:00h na Praza do Concello.

Sen dúbida, outro momento emotivo das fallas de Valencia é a Ofrenda Floral á Virxe dos Desamparados (Patrona da cidade de Valencia e da Comunidade Valenciana), na que as comisións falleras forman unha montaña de flores de 14 metros de altura na honra a súa patrona.

Se xa fuches algunha vez, sabemos que quererás volver. E se non as coñeces aínda, a que esperas? Compra xa o teu billete, Monbus lévache!

Viaxa en autobús (liña regular) a Valencia desde: Albacete, Cuenca, Cidade Real, Villarrobledo ou A Roda entre outros. Tamén podes consultar información sobre o noso servizo discrecional ou alugar un coche e organizar a viaxe como ti queiras.

Valencia