Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Semana Santa de Ferrol

Recoñecida coma Festa de Interese Turístico Nacional e Internacional, a Semana Santa de Ferrol, acollerá unha das mellores mostras da liturxia cristiá.

Este ano a Semana Santa comezará o 14 de abril, día coñecido coma o Domingo de Ramos e finalizará o 21 de abril, Domingo de Resurrección. Durante a Semana Santa terán lugar numerosas mostras de relixiosidade popular ao longo da cidade, destacando as procesións e as representacións da Pasión.

Os días máis destacados son o Mércores, Xoves e Venres Santo. Coma complemento e a fin de promocionar Ferrol, terán lugar múltiples eventos de interese turístico. Tal é o caso da exposición de parte do patrimonio da Confraría dos Dores no Museo Naval.

No ano 1995, a Semana Santa de Ferrol gañouse a consideración de Festa de Interese Turístico Nacional. Anos máis tarde, no 2014, recibiu a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.

Para chegar a Ferrol disponse de varias opcións, viaxar nos servizos de liña regular de Monbus, contratar o seu servizo discrecional ou alugar un coche para organizar a viaxe á túa maneira.