Feira do Cocido (Lalín)
Quen non oíu falar do cocido galego? Aínda queda alguén que non o probase?
Non vos preocupedes, porque o día 24 de febreiro, Lalín celebra a LI Festa do Cocido, que dende o ano 2010, está declarada como Festa de Interese Turístico Nacional.
A diferenza doutras festas gastronómicas que se celebran en Galiza, a Feira do Cocido de Lalín aglutina toda unha serie de actividades que progresivamente se foron consolidando tras cada edición, o que fai que o municipio se converta nun punto de interese tanto a nivel rexional como nacional.
O dito xa o di: “De San Mauro a San Valentín, mes do cocido en Lalín”, é dicir, numerosos establecementos hostaleiros da localidade incorporan diariamente á súa carta, o seu prato máis tradicional, o cocido.
Anímate a gozar desta experiencia gastronómica sen igual cos teus amigos ou familiares!
Podes viaxar a Lalín, nos nosos autobuses de liña regular, desde localidades como Pontevedra, Vigo, Lugo, Santiago de Compostela, entre outras.
Se o que queres é organizar un evento, reúne aos teus familiares, colegas de traballo ou amigos e aluga un autobús.
Se prefires organizar unha viaxe pola túa conta, podes usar o noso servizo de aluguer de coches.