Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Maratón SB Hotels Tarragona (2018)

O vindeiro 28 de xaneiro celébrase a nova edición do Maratón SB Hotels na cidade de Tarragona. A carreira foi medrando edición tras edición, converténdose finalmente en sede oficial do Campionato de Cataluña de Maratón nas categorías “absoluta” e “veteranos”.

A carreira ofrece as modalidades de 5 Kilómetros, 15 kilómetros, 30 kilómetros e distancia olímpica, 42 kilómetros, co que a organización amplía as opcións para os participantes que queiran prepararse ou competir en longas distancias.

O deporte é un dos eixes fundamentais na preservación da saúde de todas as persoas e é realmente meritorio para calquera adestrarse e habituar o seu corpo a percorrer estas distancias. A superación persoal, día tras día, contribúe á mellora da forma física, a cal, a súa vez, repercute no estado de ánimo. Estes ingredientes son máis que suficientes para adentrarse neste fantástico mundo, non cres?

Se te achegas a Tarragona, xa sexa para participar directamente na competición ou para animar á túa parella, familiares ou amigos, debes saber que estarás visitando unha cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, grazas ao “Conxunto Arqueolóxico de Tarraco”, entre outras marabillas históricas.

Ademais, na finalización da xornada e para repoñer forzas, tamén poderedes degustar as especialidades gastronómicas da zona: a “espineta amb cargolins”, a “cassola de romesco”, o “arroz rossejat”, o arroz negro e outras delicatessen típicas da rexión.

Lembra que podes viaxar a Tarragona con Monbus, nos nosos autobuses de liña regular, desde localidades como Lleida, Tudela, Pamplona, San Sebastián, entre outras.

Se o prefires, reúne aos teus familiares ou amigos e aluga un autobús. Tamén podes consultar o noso servizo de alugueiro de coches e organizar a viaxe pola túa conta.