Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

A Tamborrada: A festa patronal de San Sebastián

Cada 20 de xaneiro preto de 15.000 participantes reúnense ao redor de máis de 125 compañías de entre 20 e 50 tambores celebrando o día de San Sebastián. A festa da Tamborrada iníciase a medianoite do día 19 coa izada da bandeira da cidade na Praza da Constitución.

Xa o propio día 20 e repartidos entre dous grupos ben diferenciados, os tamborreiros, soldados ataviados cos uniformes napoleónicos que tocan o tambor e os cociñeiros e augadoiras, interpretan con barrís e herradas os ritmos e melodías compostos por Raimundo Sarriegui e outros autores como Diana Retreta ou Tatiago. Cabe destacar que a Marcha de San Sebastián foi escrita orixinalmente por Serafín Baroja, pai de Pío Baroja, famoso escritor guipuscoano pertencente á xeración do 98.

Tamén participan ao redor de 5.000 nenos na Tamborrada Infantil nun evento en que se escolle ao xeneral e os seus axudantes, así como á Bela Easo Infantil e ás súas damas de honra.

A festa nace en 1836 como unha das comparsas do entroido donostiarra e desde entón sufriu diversas evolucións na indumentaria dos participantes, pero é o momento en que a cidade entrega os seus premios máis importantes: O Tambor de Ouro e as Medallas ao Mérito Cidadán de San Sebastián.

Non deixes escapar esta oportunidade de visitar San Sebastián durante as festas do seu patrón!

Coñecida pola calidade da súa riqueza gastronómica, por albergar o Festival de Jazz de San Sebastián, referente no xénero a nivel internacional ou por atesourar unha gran riqueza patrimonial tradicional e contemporánea (O Peite do Vento, escultura de Eduardo Chillida, é un dos símbolos da cidade), San Sebastián pode ofrecerche no seu conxunto unha infinidade de posibilidades para que goces dunha xornada diferente e agradable nesta festividade.

Lembra que se queres gozar desta festa podes viaxar con Monbus a San Sebastián nos nosos autobuses de liña regular desde localidades como BarcelonaLleidaVigo ou Verín, entre outras. Se o prefires reúne aos teus familiares ou amigos e aluga un autobús. Tamén podes consultar o noso servizo de aluguer de coches e organizar a viaxe pola túa conta.