Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festas da Merced (Barcelona)

 A gran festa de Barcelona quenta motores! A Cidade Condal acolle a partir do vindeiro 20 de setembro as festas na honra da Virxe da Merced, a patroa da cidade. Catro días de festa nos que Barcelona acolle a case dous millóns de vistantes para gozar das máis de 600 actividades gratuítas que enchen cada recuncho da cidade, entre os que destacan festivais de música, teatro, circo e bailes tradicionais.

Sen dúbida, unha oportunidade de ouro para visitar a capital catalana e contaxiarse do seu espírito festivo, pero tamén de coñecer de primeira man a extensa arquitectura gótica reflectida nas súas rúas, así coma as impoñentes obras de Gaudí que caracterizan a cidade, coma é o caso da famosa Sagrada Familia, a Casa Batlló ou a Pedrera.

Se desexas gozar de primeira man das Festas da Mercé, dámosche varias opcións: podes viaxar rumbo a Barcelona dende cidades coma Pamplona, San Sebastián, Salamanca, Vigo, ... Ademais, se o prefires, podes alugar un coche ou un autobús para organizar a túa viaxe como mellor che conveña.