Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festa Mayor de Vilafranca

Festa Maior de Vilafranca do Penedès, declarada Festa de Interese Nacional pola Generalitat, é unha das que máis afluencia de visitantes ten de toda Cataluña e tamén unha das máis peculiares. Isto débese entre outras cousas, a que dende os seus comezos, alá polo século XVII, non sufriu grandes variacións.

Un curioso costume é que o concello escolle a cinco persoas que serán os “administradores” e encargados de buscar máis recursos económicos. Unha das tarefas que lles son encomendadas é ir durante dous días de casa en casa vendendo o programa da festa e unha estampa do santo. 

Outro ritual que se desenvolve do mesmo xeito dende o ano 1963 é o pregón, que se ofrece cada 28 de agosto despois do canto dos Gozos. A partir de aí as rúas e prazas convértense en escenario, en festa, en cor e en diversión; son tomadas por xigantes, cabezudos, pasacalles, a Aguia, o Dragón, castellers, comparsas, chirimías e xente, moita xente.

O día forte é o día 30, día de San Félix, patrón da cidade. A festa continúa día e noite ata que un baile e un impresionante despregue de fogos artificiais poñen fin a cinco días de festa ata o ano que vén.

Elixe nesta web como queres viaxar a Vilafranca del Penedés: nun autobús collendo unha das nosas liñas regulares dende Barcelona, Reus ou Igualada, organizando a viaxe ao teu estilo, contratando un servizo discrecional ou alugando un coche. Podes solicitar presuposto nesta mesma web.

Vilafranca del Penedés