Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Noite Meiga (Sarria)

O último sábado de agosto Sarria celebra a Noite Meiga, festa tradicional da comarca dende 1971, actualmente organizada pola Asociación Cultural Meigas e Trasgos. Ao longo de toda a fin de semana ten lugar, neste concello lucense, actos culturais que culminan a noite do sábado coa Danza da Noite Meiga.

Esta danza realízase a escuras con fachos creando un ambiente máxico. Segundo a lenda, as meigas convocan ás forzas da natureza cun baile ritual que culmina todos os anos cun atronador aplauso. Ademais durante esta festividade poderás gozar dunha queimada popular.

Monbus pon á túa disposición numerosas opcións de transporte para chegar a Sarria. Consulta nesta mesma web a que máis se adapte ás túas necesidades: a través das nosas liñas regulares de bus con destino a Sarria dende localidades como Lugo, Monforte de Lemos ou Santiago de Compostela, alugando un autocar para viaxar cos teus ou alugando un vehículo connosco para organizar ti mesmo a viaxe.

Sarria