Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Festas da Peregrina (Pontevedra)

Pontevedra vístese de longo na súa Semana Grande. Unha gran variedade de actividades infantís, deportivas, relixiosas,  espectáculos pirotécnicos, teatrais,  concertos, pasarrúas, grupos folclóricos, verbenas e xogos tradicionais agárdante nunhas festas que ano tras ano congregan a miles de persoas.

O pregón dende o Pazo de Mugartegui marca o comezo duns festexos que dende o día 13 de agosto se prolongan ata o 21.

Dado que estas festas se celebran na honra da Virxe Peregrina, patrona da provincia e do Camiño Portugués a Santiago de Compostela, actos relixiosos coma a Ofrenda Floral e a Procesión, representan unha parte importante da celebración.

Do mesmo xeito, eventos tan destacados como a Batalla das Flores, os espectáculos de fogos artificiais ou os concertos na Praza de España, forman parte dun programa  que se completa cunha serie de festexos taurinos celebrados na Praza de Touros de Pontevedra.

Percorre o casco histórico da cidade de Pontevedra e sumérxete na súa Semana Grande. Achégate con Monbus á Festa da Peregrina mediante as nosas liñas regulares dende diferentes lugares de Galicia. Se o prefires solicita un presuposto para contratar o noso servizo discrecional ou infórmate da nosa opción de alugueiro de automóbiles.

Compra o teu billete en monbus.es.