Festas da Peregrina (Pontevedra)
Pontevedra vístese de longo na súa Semana Grande. Unha gran variedade de actividades infantís, deportivas, relixiosas, espectáculos pirotécnicos, teatrais, concertos, pasarrúas, grupos folclóricos, verbenas e xogos tradicionais agárdante nunhas festas que ano tras ano congregan a miles de persoas.
O pregón dende o Pazo de Mugartegui marca o comezo duns festexos que dende o día 13 de agosto se prolongan ata o 21.
Dado que estas festas se celebran na honra da Virxe Peregrina, patrona da provincia e do Camiño Portugués a Santiago de Compostela, actos relixiosos coma a Ofrenda Floral e a Procesión, representan unha parte importante da celebración.
Do mesmo xeito, eventos tan destacados como a Batalla das Flores, os espectáculos de fogos artificiais ou os concertos na Praza de España, forman parte dun programa que se completa cunha serie de festexos taurinos celebrados na Praza de Touros de Pontevedra.
Percorre o casco histórico da cidade de Pontevedra e sumérxete na súa Semana Grande. Achégate con Monbus á Festa da Peregrina mediante as nosas liñas regulares dende diferentes lugares de Galicia. Se o prefires solicita un presuposto para contratar o noso servizo discrecional ou infórmate da nosa opción de alugueiro de automóbiles.
Compra o teu billete en monbus.es.