Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Semana Grande (San Sebastián)

A capital guipuzcoana comeza as súas festas co tradicional cañonazo disparado dende os xardíns de Alderi Eder e a interpretación da "canción do Artilleiro". A Semana Grande donostiarra ten lugar todos os anos na semana do 15 de agosto, de sábado a sábado, e neste 2023 terá lugar do 12 ao 19 de agosto.

Nestas datas a cidade de San Sebastián vístese cas súas mellores galas e algúns dos seus puntos máis emblemáticos convértense no escenario de actividades coma concertos, comparsas de Xigantes e Cabezudos, carreiras de cabalos e demostracións de herri-kirolak (deporte rural vasco). Xunto co Concurso Internacional de Fogos Artificiais, ocupan un lugar destacado nestas festas as actuacións musicais e a clásica travesía á nado dende Getaria ata San Sebastián.

Fóra de toda dúbida, este é un dos mellores momentos do ano para visitar San Sebastián. Merca xa o teu billete de autobús con destino a San Sebastián dende cidades coma Barcelona, Lleida, Pontevedra, Salou, Tarragona ou Vigo entre outras. Se o prefires tamén podes solicitar información sobre o noso servizo discrecional ou alugar un coche connosco para organizar ti mesmo a viaxe.

San Sebastián