Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

OFERTAS

Camiño Francés (Sarria) - Camiño de Santiago

O Camiño Francés a Santiago de Compostela é a ruta xacobea con maior tradición histórica. Tamén coñecido como Camiño Real fixouse a finais do S.XI a través do norte peninsular. As principais vías deste camiño descríbense no quinto libro do Códice Calixtino (Codex Calixtinus), que constituía unha auténtica guía de peregrinación a Santiago.
O Camiño Francés nace en Francia e entra en España a través de catro vías principais. Tres delas (París-Tours, Vézelay-Limoges e Le Puy-Conques) chegan a España por Roncesvalles, en Navarra. A cuarta (Arles-Toulouse) entra polos Pirineos, polo Porto de Somport, e continúa por Aragón. Os dous itinerarios únense en Puente La Reina, en Navarra.
Tras percorrer numerosos municipios e cidades como Logroño, Burgos, León ou Astorga, o Camiño Francés entra en Galicia polo Bierzo.
Sarria, na provincia de Lugo, é o punto de inicio mínimo necesario para conseguir a Compostela. Para obtela é obrigatorio acreditar que percorreu a pe a lo menos 100 km.
O municipio sarriano, sen lugar a dúbidas, e a localidade onde maior número de peregrinos inician o Camiño de Santiago. Aínda que se trata dun percorrido curto, de apenas 4 ou 5 días a pe, os peregrinos poden vivir igualmente a esencia e o espírito do Camiño que calou tan fondo en moita xente.
Monbus recoméndache vivir esta experiencia espiritual. Consulta nesta web os nosos horarios de autobuses de liña regular con destino a Sarria. Se o prefires anima ós teus amigos e familiares e pídenos presuposto sen compromiso para o alugueiro de autobuses. Tamén dispós da opción de alugar un coche para organizar a viaxe ti mesmo.

Sarria