Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus asina un acordo con Defestivales

Trala firma do convenio de colaboración con Defestivales,  Monbus preséntase como patrocinador e provedor oficial dos servizos de transporte discrecional dalgúns dos festivais musicais máis relevantes a nivel nacional:

 

Viña Rock (28 - 30 de abril de 2016, Villarrobledo). Mercar billete de autobús.

Festival de les Arts (10 -11de xuño de 2016, Valencia

Cabo de Plata (1-3 de xullo de 2016, Zahara de los Atunes). Mercar billete de autobús.

Arenal Sound (2 - 7 de agosto de 2016, Burriana). Mercar billete de autobús.

Granada Sound (18 - 19 de setembro, Granada)

Interestelar  (21-22 de outubro de 2016, Sevilla)

 

A compañía Global Music 360  xestiona a rede de eventos a través da plataforma Defestivales, medio a través do cal se ofrece a posibilidade de adquirila entrada do festival xunto co billete do autobús.

Monbus como provedor dos servizos discrecionais efectuará centos de traslados dende os diversos puntos da Península establecidos pola organización ata o aparcadoiro privado de cada recinto, facilitando a subida e baixada de viaxeiros a bordo dos modernos autobuses que compoñen a súa  frota, equipados cas máis altas prestacións en seguridade, accesibilidade  e confort: cintos de seguridade, cómodas e amplas butacas, enchufes de corriente e conexión USB en cada asiento, servizo Wi-Fi gratuito, iluminación LED individual e amplos aseos WC, entre outros.

Cabe sinalar tamén a adaptación do servizo para persoas de movilidade reducida (PMR) ao equipar plataformas elevadoras mecanizadas e/ou manuais, así como espazo reservado con prazas perfectamente acondicionadas e sinalizadas.

Complementariamente a este acordo baseado no aluguer de vehículos con conductor, Monbus seguirá ofertando os seus servizos de liña regular, así como servizos de aluguer de vehículos sen conductor.