Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Río Natura Monbus consegue unha vitoria histórica ante a súa afección fronte ao Barça

O Obradoiro, que a tempada anterior conseguira gañar por primeira vez na súa historia ao Barcelona no Palau Blaugrana, consegue un novo histórico, ao dobregar ao Barcelona no Multiusos Fontes do Sar.
Cabe destacar a actuación de Oriol Junyent que se botou o equipo ás costas e callou unha soberbia actuación (11 puntos, 8 rebotes e 16 de valoración), a de Rafa Luz, moi acertado na dirección do xogo e a de Alberto Corbacho cas súas canastras dende a liña de 3 puntos. Foi precisamente un destes triplos o que afogou ao equipo visitante, ao obter unha renda de catorce puntos (60-64). O Río Natura Monbus mantívose firme ata o final do encontro e culminou a vitoria con autoridade. Grazas a unha gran defensa, e con tan só 9 perdas, cimentouse a vitoria local, que puido, finalmente, brindar á afección un importante triunfo (77-60), e romper coa mala sorte na que estaba mergullado o coletivo de Moncho Fernández na presente tempada.
Sen dúbida, unha das vitorias que quedarán gravadas na retina da afección obradoirista e pasarán á historia do Obradoiro CAB SAD.

Multiusos Fontes do Sar, Santiago de Compostela.