Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus ofrece liñas especiais en Noiteboa

Achégase o Nadal e por iso, tendo en conta que son datas nas que se produce unha gran mobilidade de viaxeiros, Monbus, da man de Vibasa, anticípase ofertando unha serie de servizos especiais para o día 24 de decembro, día de Noiteboa.

En particular, comunidades como Galicia, Cataluña e o País Vasco, quedarán conectadas excepcionalmente cunha serie de liñas tales como:

- Pontevedra - Irún: esta liña, con saída ás 06:00h, ademais de realizar as paradas habituais, enlazará principalmente orixes como Pontevedra - Vigo - Ourense - Xinzo - Verín con Vitoria - Bilbao - San Sebastián - Irún.

- Irún - Pontevedra: en sentido inverso, a ruta parte ás 09:30h, efectuando idénticas paradas ao longo do traxecto; así, desde Vitoria - Bilbao - San Sebastián - Irún chega a Pontevedra - Vigo - Ourense - Xinzo - Verín.

- Barcelona - Pontevedra: con partida ás 06:00h, terá como orixes destacadas Barcelona - Lleida - Zaragoza a destinos como Pontevedra - Vigo - Ourense - Xinzo - Verín.

Como é habitual en calquera ruta, os usuarios destes servizos de longo percorrido, poderán gozar dunha cómoda viaxe nos vehículos da frota de Monbus, equipados coa máis moderna tecnoloxía en canto a seguridade e confort: amplos asentos, aseos WC, Wi-Fi gratis, enchufes individuais, etc., para que os usuarios poidan gozar da experiencia da viaxe.

Do mesmo xeito, para estes traslados de Nadal, Monbus conservará o resto dos seus servizos de liña regular, así como o seu servizo de alugueiro de vehículos con conductor e sen conductor, de forma a que o medio de transporte non sexa un problema na hora de viaxar.