Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus, á vangarda en seguridade

Monbus, na súa firme aposta por ofrecer a máxima seguridade aos seus usuarios, súmase á posta en marcha da 2ª fase do Regulamento (CE) nº 661/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, coa incorporación de 24 novos autocares Mercedes - Benz Tourismo 16RHD, que xa forman parte da súa moderna frota de autobuses. A nova normativa fai referencia á obrigatoriedade dos novos autobuses matriculados (a partir do 1 de novembro do 2015) de que conten con sistemas electrónicos avanzados, tanto de aviso de abandono de carril (SPA) como de freada de emerxencia (BAS).

Concretamente, modelos como os Castrosua Stellae, Mercedes - Benz Sprinter 516 e 519, Noge Touring HD 12960 inclúen, entre o seu avanzado equipamento, o sistema electrónico que responde ás siglas en inglés BAS, Brake Assist System ou EBA, Emergency Brake Assist.  Esta tecnoloxía, ideada pola prestixiosa compañía alemá Mercedes - Benz, actúa combinada co ABS reducindo a distancia de freada en caso de emerxencia.

Por outro lado, modelos como os Mercedes - Benz Tourismo 16 RH, 16RHD e 16 RHD6, incorporan ademais o asistente de carril SPA, dispositivo que emprega unha cámara situada detrás do parabrisas que detecta os cambios de carril accidentais, advertindo ao condutor mediante unha vibración do lado correspondente do asento. Ademais, están equipados co sistema AEBS, que consiste nun radar de proximidade que evita situacións que puidesen poñer en perigo a seguridade do autocar. O sistema avanzado de freada avisa ao condutor dunha posible colisión e, en último caso, actívase reducindo a velocidade do vehículo, previndo situacións de risco.

Todos estes elementos, unidos a sistemas de control de estabilidade (ESP), control  de tracción (ASR), reparto electrónico de freada (EBD ou EBV), entre outros, non fan senón incrementar notablemente a seguridade dos viaxeiros, sendo este un obxectivo prioritario para Monbus, en liña coa súa preocupación por ofrecer un servizo de calidade superior.

Sen lugar a dúbidas, o profundo arraigo destes valores da compañía exténdese ao longo das súas tres grandes liñas de negocio; así, desde o servizo de transporte regular, prolóngase cara o servizo discrecional ata alcanzar a última grande área, o servizo de alugueiro de vehículos sen condutor.