Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro repite outro ano como líder

O Río Natura Monbus Obradoiro conseguiu unha clara vitoria, tras impoñerse ao Baloncesto Sevilla  (88-53).

Grazas a este triunfo, o Obradoiro estréase  na liga Endesa como líder, repetindo así o logro alcanzado o ano pasado. É a cuarta vez que o equipo gaña o partido inaugural, algo que xa  tiña conseguido na temporada 2012/2013. Este Debut foi celebrado por toda a afección Obradoirista, case 5000 espectadores, que fixeron vibrar as bancadas do Fontes do Sar.

O Río Natura Monbus Obradoiro impúxose desde o principio e, sorprendentemente, non se botou en falla en ningún momento ao pivote lesionado Alec Brown xa que no intercambio de canastras, o Obradoiro saiu beneficiado polo seu maior acerto, logrando impoñerse a un Baloncesto Sevilla que non tivo o seu mellor día en defensa. O home do partido foi Angelo Caloiaro que anotou 21 puntos, aínda que o resultado final se logrou grazas a un gran traballo de equipo.

 O Río Natura Monbus Obradoiro comeza con bo pé o #Camiñodailusion preparando xa a próxima xornada contra o Laboral Kutxa Baskonia.