Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Grobus prepara xa a súa segunda tempada

O Grobus, a novidosa aposta de verán de Monbus e a Asociación de Hostalaría de O Grove, pecha a súa primeira edición acadando cifras próximas aos 7.000 usuarios dende a súa posta en marcha o pasado 14 de xullo. Este importante volume de viaxeiros é unha clara mostra da gran acollida que esta iniciativa tivo non só entre os turistas, senón tamén entre os habitantes da citada localidade, que se viron beneficiados deste transporte alternativo que, durante case dous meses, realizou a liña circular entre os principais lugares da localidade.

Cun total de 12 frecuencias diarias e un amplo horario, dende as 11 da mañá ata as 6 da madrugada, este autobús turístico conseguiu resolver unha serie de incidencias detectadas anteriormente no municipio tales como atascos, problemas de estacionamento en zonas de praia ou controis de alcolemia  entre outros.

Sen lugar a dúbidas, o apoio e implicación dos establecementos adheridos (entre campings, hoteis, restaurantes, taperías, bares, pubs, cafeterías e comercios suman un total de 70 entidades) foi determinante á hora de publicitar un servizo de transporte que tivo por principal incentivo a posibilidade de bonificación, de forma íntegra en certos casos, do prezo do billete por compras e/ou consumos mínimos realizados nos citados negocios locais.

Tras o peche de tempada, tanto Monbus como a directiva da Asociación de Hostalaría, teñen por diante meses de traballo a fin de perfeccionar o funcionamento do Grobus de modo que se facilite aínda máis, se cabe, a mobilidade de viaxeiros durante os meses de maior afluencia turística. Entre os proxectos de mellora se atopa a ampliación da duración temporal do servizo de maneira que cubra os fins de semana de xuño, todas as semanas de xullo e agosto e fins de semana de setembro ata a Feira do Marisco. Do mesmo xeito, formúlase iniciar o servizo ás 9 da mañá, o cal permitiría o desprazamento de usuarios aos seus respectivos lugares de traballo.

A pesar da finalización deste servizo de transporte, como vén sendo habitual, Monbus ofrece as súas liñas regulares con destino a O Grove, A Toxa e entre O Grove - San Vicente. De igual xeito, a empresa completa a súa oferta coa posibilidade de alugar vehículos con condutor e sen condutor.

 

O Grove