Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

1991 nenos viron ao “Obra” na Zona Monbus

Os afeccionados do Río Natura Monbus Obradoiro puideron gozar unha tempada máis do seu equipo na Liga Endesa co patrocinio de Monbus, que tamén posibilitou que 1991 menores de idade accederan ao Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, beneficiándose de ofertas especiais no prezo das entradas e o servizo de transporte.

Durante 15 xornadas, un total de 42 colectivos entre clubes de formación, institutos e outras asociacións, beneficiáronse da “Zona Monbus”. Esta iniciativa posibilitou que centos de mozos procedentes das catro provincias galegas e incluso de Portugal, puideran presenciar os partidos do seu equipo nesta grada especial de forma accesible acompañados dos seus pais, profesores ou entrenadores.

A “Zona Monbus” é una grada do Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela) destinada a diversos colectivos da sociedade galega. Monbus destina unha parte do patrocinio á reserva de parte do aforo (concretamente en Tribuna 2 Sur) a prezos reducidos para os clubes de baloncesto, colexios, escolas deportivas e distintas asociacións.

As entradas van dende os 10 euros para os rapaces das canteiras (menores de 18 anos) a 15 euros para os maiores de idade. Monbus ademais pon a disposición do club un autocar de 55 prazas de forma gratuíta, para trasladar aos mozos o día de partido dende o seu lugar de orixe ata o Multiusos Fontes do Sar, e a volta a casa dende Santiago de Compostela.  

A promoción cumpre a dobre función de achegar aos máis novos o espectáculo que ofrece o baloncesto de élite nunha das ligas profesionais máis importantes do mundo (Liga Endesa), e tamén a de inculcar á mocidade os valores do deporte:

- Fomentar o deporte e a práctica deportiva.
- Promover a saúde e os hábitos de vida saudables.
- Valores universais, tales como o respecto, o traballo en equipo e a cultura do esforzo.

José Luis Mateo, director xeral do equipo, valorou esta Zona Monbus como un éxito, xa que “permitiu a case dous millares de mozos, a maioría deles de fóra da nosa cidade, asistir alomenos a un partido da Liga Endesa a un prezo reducido. O Club de Empresas Obradoiro ten entre unha das súas finalidades, ademais de aportar un valor engadido e exercer de vehículo de promoción e comunicación para os patrocinadores, poñer en marcha proxectos e iniciativas das que se poidan beneficiar os propios afeccionados, como ocorre coa Zona Monbus”. O responsable anunciou a intención do club de “poder repetilo a próxima tempada, revisando as ofertas e facéndoo aínda máis atractivo se cabe para os colectivos aos que lle poida interesar”.

Ademais do copatrocinio do equipo de baloncesto e desta grada especial, Monbus levou a cabo durante esta tempada varios concursos no Facebook de empresa co hashtag #MonbusObradoiro. A última destas iniciativas permitiu que un siareiro recollera, de mans do recentemente nomeado mellor triplista da Liga EndesaAlberto Corbacho, unha camiseta súa asinada por todo o equipo.

Dende os seus inicios Monbus ten estado moi vencellado ao mundo deportivo, patrocinando a diversos clubes de fútbol, baloncesto, hockey sobre patíns, etc.; promovendo así os valores do deporte e contribuíndo a impulsar diferentes proxectos sociais e deportivos de ámbito local, rexional ou estatal.