Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Aforra nas túas viaxes coa TMG

Tarxeta Metropolitana de Galicia (TMG) é unha tarxeta moedeiro destinada a pagar o importe do billete nos servizos do Plan de Transporte de Galicia. A persoa usuaria carga a súa tarxeta co importe que desexe e de aí vaise descontando o prezo das viaxes que vaia realizando.

O pago coa TMG realízase no propio autobús, non é posible efectualo na taquilla. Con carácter xeral, esta tarxeta non ten carácter personal, polo que poderá ser utilizada indistintamente por calquera persoa. Con ela tamén é posible pagar a viaxe de varias persoas que viaxen xuntas.

Adquisición

A Tarxeta Metropolitana de Galicia adquírese nas oficinas de ABANCA e ten un custo de 2 euros. Este medio de pago pódese cargar cun máximo de 180 euros sempre con cantidades múltiplos de 5 euros e sen superar os 60 euros diarios de recarga.

Bonificacións

A TMG ofrece diferentes tarifas e descontos ás persoas usuarias en función de se o traxecto realizado está dentro ou fora dalgunha das Áreas de Transporte Metropolitano (ATM) de Galicia.

Dentro de Área Metropolitana: traxectos con orixe e destino dentro dunha mesma área. Por exemplo, unha viaxe entre Nigrán e Baiona estaría dentro da Área de Transporte Metropolitano de Vigo. En función do número de saltos da viaje establecéronse as seguintes tarifas:

  • Urbano Lugo: 0,45€
  • Urbano Santiago: 0,60€
  • Urbano A Coruña: 0,75€
  • 0-1 saltos: 0,88€
  • 2 saltos: 1,34€
  • 3 saltos: 1,90€
  • 4 saltos: 2,31€
  • 5 saltos: 3,22€
  • 6 saltos: 3,78€
  • 7 saltos: 4,20€
  • 8 saltos: 4,65€
  • 9 saltos: 5,15€
  • 10 saltos: 5,68€

Fora de Área Metropolitana: traxectos con orixen e/ou destino fóra das Áreas de Transporte Metropolitano de Galicia. Utilizando a TMG nestas viaxes a persoa usuaria obtén un desconto directo do 10% no prezo do seu billete. É dicir, no momento de pasar a tarxeta pola máquina do autobús, xa paga un 10% menos polo seu billete. Ademais, tamén se aplican bonificacións por recorrencia segundo o número de viaxes realizados ao mes:

  • De 1 a 20 viaxes nun mes: sen desconto
  • De 21 a 40 viaxes nun mes: 25% de desconto
  • Más de 40 viaxes nun mes: 50% de desconto

Por exemplo, se unha persoa realiza 43 viaxes nun mes, bonificaríase da seguinte maneira: viaxes de 1 a 20, sen desconto; viaxes de 21 a 40, reembolso posterior do 25% do billete; viaxes de 41 a 43, reembolso posterior do 50% do billete.

A finais do mes seguinte, a persoa usuaria deberá dirixirse aos caixeiros de ABANCA para recibir na súa tarxeta o importe dos descontos aplicados segundo o número de viaxes que realizara. Os descontos por recorrencia, tanto dentro como fóra da área metropolitana, non son aplicables a billetes consecutivos (unha mesma viaxe pagada coa tarxeta TMG para máis dunha persoa). Por exemplo, se viaxo cun amigo desde Vigo a Ourense e pago os dous billetes coa misma TMG, á hora de contabilizar as viaxes mensuais só contará como unha.

Outra vantaxe que presenta esta tarxeta é a bonificación por trasbordo. En función do número de saltos da súa viaxe a persoa usuaria disporá dun tempo determinado para facer trasbordo bonificado:

  • 0 - 1 saltos: 60 minutos
  • 2 saltos: 75 minutos
  • 3 ou máis saltos: 90 minutos