Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Faite coa TXN e viaxa gratis por toda Galicia

Que é?

É a tarxeta de transporte de Galicia que permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratis.

Quen a pode utilizar?

Rapazas e rapaces de entre 4 e 20 anos (os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte público). Unha vez cumpridos os 21 anos, poderás seguir usando a tarxeta ata esgotar o saldo.

Que viaxes se poden realizar con ela?

As viaxes interurbanas no transporte público de Galicia sexa cal sexa a súa orixen ou destino. Tamén poderás utilizala nos barcos de Cangas – Vigo e Moaña – Vigo e no tren metropolitano en Ferrol.

Como a consigo?

  • Deberás solicitar cita para obtela nunha das oficinas de Abanca habilitadas en cada provincia. Podes pedir a cita previa neste enlace.
  • Na cita, só deberás levar o DNI, a tarxeta é gratuita! Se aínda non tes os 18 años cumpridos, deberá solicitala o teu representante legal, que deberá levar o seu DNI, o teu e o libro de familia ou documentos equivalentes.
  • Unha vez teñas a túa tarxeta xa poderás cargala para empezar a utilizala.

Como recargo a tarxeta?

Pode facerse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila tanto en efectivo como con tarxeta ou tamén no móbil ou na banca electrónica.

Como viaxo con ela?

Deberán pagarse as viaxes que se realicen e posteriormente, a Xunta de Galicia reintegrará o importe abonado no autobús directamente na tarxeta. Para recibir esta bonificación basta con introducir a tarxeta en calquera caixeiro de Abanca e aceptar a recarga.

As viaxes realizadas dentro da primeira quincena do mes, estarán disponibles nos caixeiros a partir do día 5 do mes seguinte.

As bonificacións das viaxes realizadas dentro da segunda quincena do mes están disponibles nos caixeiros a partir do día 20 do mes seguinte.

Terás dous meses para aceptar as bonificacións.

Pode utilizar outra persoa a miña tarxeta?

A tarxeta é persoal e intransferible polo que se outra persoa a usa poderás perder o teu dereito ás viajes gratuitas e ás vantaxes.

O persoal de conducción ou de Inspección de Transportes poderá pedir que mostres o DNI para acreditar a túa idade.

Que pasa se perdo a tarxeta?

Poderás pedir outra nova (seguindo os mesmos pasos indicados anteriormente). As bonificacións pendentes traspasaranse á nova tarxeta, pero o saldo perderase. Ademais, a nova tarxeta terá un coste de 2€.

Como consulto as bonificacións?

Podes consultalas neste enlace.