Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Río Natura Monbus organizará a Copa do Rei

A Coruña será a sede oficial da Copa do Rei 2016 de baloncesto e o Río Natura Monbus Obradoiro, equipo patrocinado por Monbus, será o anfitrión neste trascendental evento deportivo a nivel nacional.

Tras a firma do acordo entre a Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) e o alcalde coruñés, Carlos Negreira, a cidade de A Coruña convértese, tras 23 edicións celebradas fóra de Galicia, na próxima localidade galega en albergar a esperada competición.

Raúl López, Presidente do Obradoiro CAB e de Monbus indicou que este torneo, que se celebrará entre os días 18 e 21 de febreiro do 2016, é “un paso decisivo” para consolidar o proxecto social e deportivo do club e do que “Galicia enteira está de noraboa”.  Destacou en primeiro lugar a colaboración das Institucións, do Concello da Coruña, na persoa do alcalde, co apoio da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia: e en segundo lugar, do Consello de Administración do Club, que conseguiu “cunha forma de xestionar seria e humilde e moito traballo, xuntar unha serie de vontades que van dotando ao proxecto Obradoiro de viabilidade e permanencia no tempo”. Raúl López tamén tivo palabras de agradecemento á masa social do club, á que considera “mellor afición de España” e grande artífice dos éxitos conseguidos ata agora.

 

A Coruña