Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus repite presenza este ano en Fitur

Despois de catro anos encargándose dos servizos de transporte dun gran número de grupos organizados ata o recinto de Fitur, Monbus preséntase de novo na Feira Internacional de Turismo, que se celebra entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro en Ifema, Madrid.

Os asistentes ao evento poderán atoparse cun espectacular posto de Monbus, compartido co seu colaborador Interrías, e situado no Pavillón 8 C01. Nel exponse o modelo Comfort Class S 517 HD da prestixiosa marca de autobuses alemá Setra, ao que os visitantes poderán acceder para coñecer os seus acabados e todo o luxo de comodidades que garda no seu interior.

Neste espazo, Monbus abrirá ao público unha serie de despachos privados e mostradores nos que o persoal especializado da compañía expoñerá toda a información necesaria e atenderá as dúbidas dos interesados, e entregará dosieres informativos sobre os servizos discrecionais (aluguer de autobuses e coches con condutor) da empresa. Do mesmo modo, instalaranse pantallas onde se reproducirá material audiovisual corporativo e outros servizos contidos na renovada páxina web de Monbus.

Ademais, os convidados e contactos de Monbus que se acheguen a Fitur poderán gozar dun servizo de bar exclusivo no que se repartirán aperitivos e refrixerios como xamón ibérico recén cortado e serviranse bebidas para amenizar estas xornadas de interrelación. Este servizo non estará dispoñible para o público en xeral.

 

Ifema, Feria de Madrid