Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus celebra o Día das Letras Galegas

O próximo 17 de maio, Galicia rinde homenaxe á súa cultura literaria ca celebración do Día das Letras Galegas. Monbus sumarase este ano á conmemoración desta xornada tan especial e farao ca publicación dun conto da autora homenaxeada, María Victoria Moreno, titulado Querida Avoa, escrito para a colección ‘Contos do Castromil’.

Querida Avoa narra en primeira persoa as viaxes que facía Sabela en autobús para ir á súa aldea, Vilariño, a visitar a súa avoa, María do Casal. O conto estará accesible a tódolos usuarios que queiran descargalo a través do seguinte enlace.

Desde o propio día 17 e durante todo o mes, Monbus encherá os seus autobuses e as estacións de Lugo, Ourense, Santiago e Pontevedra con carteis en honor á autora. Ademais, obsequiarase aos viaxeiros cuns marcapáxinas especiais deseñados para a ocasión co lema Billetes para viaxar, para fuxir, para voar, para soñar…, cos que se poderá acceder tamén á descarga do conto nos dispositivos móbiles a través dun código QR.

Querida Avoa foi un dos relatos protagonistas da colección ‘Contos do Castromil’. Nos anos 90, esta empresa de autocares que máis tarde pasaría a formar parte de Monbus, puxo en marcha una campaña ca que deu nome de ilustres personalidades galegas aos seus vehículos (Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao…) e ca que reparteu estas publicacións especiais en cada traxecto a tódolos viaxeiros.

Esta colección de 30 textos curtos orixinais de autores galegos, iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, contou co patrocinio da Xunta de Galicia. Editados por Ir Indo, distribuíronse un total de 450.000 exemplares entre os anos 1992 e 1994.