Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O teu plan de Semana Santa con Monbus

A Semana Santa preséntase como unha boa ocasión para realizar esa viaxe pendente a algún lugar especial. Que mellor plan que gozar deses días de desconexión con Monbus? Estes son os tres destinos nos que aproveitar con fartura estas minivacacións.

Unha cidade multicultural

Impresionantes vistas, coloridas e icónicas construcións ou agradables postas de sol. Barcelona ofrece todo iso e moito máis. O miradoiro de Turó da Rovira, o modernista Parc Güell de Antonio Gaudí, a soada Sagrada Familia ou a espectacular Praia da Barceloneta son algúns das visitas imprescindibles na urbe catalá. Monbus ten conexións con Barcelona desde Pontevedra, Salamanca, San Sebastián, Irún ou Soria, entre outras orixes.

Ruta para o padal

Unha viaxe para os sentidos, sobre todo para o gusto. Bilbao é unha dos berces da gastronomía vasca, cuxas excelentes materias primas fan que o resultado final sexa excelente. A cociña máis tradicional e práctica mestúrase tamén coa vangarda culinaria. Bilbao rexistra ata cinco restaurantes con Estrela Michelín nos que poder degustar os pratos máis audaces da man dos mellores chefs. Vibasa dispón de liñas para chegar a Bilbao desde Ourense, Pontevedra ou Vigo.

Un paraíso natural

Na boca da Ría de Vigo, na provincia de Pontevedra, atópanse as Illas Cíes. Este paraíso da natureza agrupa praia, sol, montaña e aventura, todo nun mesmo emprazamento. Un dos seus maiores atractivos é a Praia de Rodas, elixida por The Guardian como a mellor praia do mundo en 2007. O areal une de forma natural a illa de Monteagudo e de Montefaro, dúas das tres illas que xunto á de San Martiño forman o arquipélago. Se Vigo é o destino, a orixe con Monbus pode ser A Coruña, Santiago de Compostela, Burgos Vitoria ou Irún.

Monbus ofréceche as mellores comodidades nos vehículos da súa frota, equipados coa máis moderna tecnoloxía en materia de seguridade e benestar: as butacas Confort Plus con cintos de seguridade, a conexión Wi- Fi gratuíta ou os enchufes de corrente/USB individuais farán da túa viaxe unha experiencia agradable e única.