Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus ofrece servizo especial no Entroido

Achégase o Entroido e como cada ano Monbus pon en marcha unha serie de expedicións especiais con destino ás populares celebracións en Xinzo e Verín:

· 23 de febreiro: Xoves de Comadres Ourense (Parque San _Lazaro) - Verín directo.

A saída desta expedición especial realizarase ás 22:00h dende Parque San Lázaro (Ourense) cun prezo de 10€ ida/volta. Ademáis para facilitar o desprazamento,  Monbus ofrece a posibilidade de  utilizar este mesmo billete promocional para viaxar en calqueira horario con destino Verín o xoves 23 de febreiro.

En canto ao retorno o día 24 de febreiro, o usuario disporá de frecuentes saídas a partir das 05:00h.

· 25 - 28 de febreiro: EntroidoBus  Ourense - Allariz -  Xinzo de Limia.

Tanto o sábado 25 como o luns 27 de febreiro, ademais dos servizos habituais de mañá con saída da Estación de Autobuses de Ourense, parada en Allariz e destino Xinzo de Limia, Monbus reforzará  especialmente as liñas que circulan pola tarde en horario 16:00h, 20:15h e 23:45h dende Ourense e 16:30h, 20:45h e 00:15h dende Allariz.

Por outro lado, as saídas para o traxecto de volta Xinzo - Allariz - Ourense o domingo 26/02/2017 e martes 28/02/2017 tendrán lugar a partir das 04:00h.

En canto ao prezo, o billete de ida/volta dende Ourense é de 7,90€ e dende Allariz, 3,55€.

Os viaxeiros interesados poden adquirir o seu billete de forma anticipada en taquilla ou ben no momento de subir ao autobús o mesmo día do evento.

Como parte desta operativa, Monbus ofrece a habitual comodidade de viaxe  na súa moderna frota resultado dun avanzado equipamento en canto á accesibilidade, confort, seguridade e sostenibilidade.

Completando este servizo encóntrase a posibilidade de viaxar a Verín ou Xinzo dende calqueira outro punto, así como o aluguer de vehículos con conductor e sen conductor, de modo que integra  tres opcións de transporte en función das necesidades específicas de cada usuario.