Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus incorpora novos vehículos á súa frota

Tralo recoñecemento outorgado pola Bolsa de Londres no seu informe 1000 empresas que inspiran Europa, Monbus prosigue co seu papel dinamizador empezando a tempada con novas incorporacións á súa frota, de xeito que aos 10 minibuses Mercedes - Benz Sprinter 519 recibidos engádense 41 novos vehículos repartidos entre modelos como Castrosua Stellae (9 unidades),  Mercedes - Benz Tourismo 16RHD (7 unidades) e por último, Setra ComfortClass S519HD (3 unidades) e Setra ComfortClass S516HD (2 unidades).

Estes autobuses, destinados ao transporte interurbano, a excepción dos minibuses que prestan servizo escolar, responden aos requerimentos da citada compañía en canto a sustenibilidade medioambiental (motor Euro VI, tecnoloxía BlueTec…), accesibilidade (acceso mediante rampa eléctrica e espazo reservado para varios PMRSR), seguridade (a destacar os cintos de tres puntos e os sistemas ISOFIX que equipan modelos como os Setra e Castrosua) e confort (suxeito a dispoñibilidade segundo o modelo: butacas reclinables con repousabrazos central e lateral, repousapés, revisteiro, mesiñas con pousavasos, iluminación LED, tomas de corrente e USB, servizo WI-FI gratuito e WC, entre outros).

Como novidade, tanto os Setra S516HD como os S519HD son os primeiros vehículos da frota equipados co novo servizo de entretemento a bordo de Vibasa que contan con acceso totalmente gratuito a contidos multimedia por medio de pantallas táctiles nas butacas dianteiras ou dende os propios dispositivos persoais dos usuarios (smartphones, tabletas e ordenadores) no resto de prazas; deste xeito películas, series, música, internet, xogos… están dispoñibles segundo os gostos do viaxeiro, decidindo que ver e cando velo.

A esta partida súmanse 11 autocares Mercedes - Benz Citaro Euro VI e 1 Mercedes - Benz Sprinter 906 destinados ao servizo urbano.

Ademáis completando esta renovación de frota, nos próximos meses recibiranse 5 Mercedes - Benz de GNC e 3 Mercedes - Benz Citaro Euro VI.

Polo tanto, con estas adquisicións, Monbus confirma unha vez máis a súa posición como unha das compañías cunha das frotas máis novas de España, tanto nos vehículos que realizan os servizos regulares como os servizos discrecionais.