Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Á praia con Monbus

Un verán máis, Monbus pon en marcha as súas habituais expedicións especiais á costa galega, sobre todo Rías Baixas e Rías Altas, durante xullo, agosto e principios de setembro.

Deste xeito, o servizo de praias na provincia de Pontevedra abrangue a ruta Atios - Torneiro - Porriño a destinos tan frecuentados como Praia América (luns, mércores e xoves) e Praia de Samil (martes e venres).

De igual xeito, realiza rutas dende Vilagarcía, Santiago, Cambados, así como Cangas - Pontevedra/Vigo, Moaña - Pontevedra y cercanías, O Grove - Pontevedra - Vigo, O Grove -Vilagarcía - Santiago, entre outras.

No caso das provincias de Lugo e Ourense, poboacións como Sarria, Rubián, Bóveda e Monforte ou ben O Barco, A Rúa, Quiroga, San Clodio, Monforte e Escairón quedan comunicadas con Praia América, Samil, Sanxenxo, A Coruña, San Miguel de Reinante ou Ribadeo.

Tamén se habilitaron as rutas Verín - Xinzo - Samil (domingos e festivos), Ourense - Samil (sábados, domingos e festivos), Ourense - Sanxenxo Portonovo - Montalvo - A Lanzada e A Toxa (domingos e festivos).

Algunhas destas expedicións adecúan os seus horarios semanalmente, por elo os usuarios poden informarse nos puntos de venda, por teléfono (982.29.29.00), na páxina web www.monbus.es, a través do correo electrónico info@monbus.es ou a través de redes sociais (FacebookTwitter, G+ e Instagram).

Coma é habitual, Monbus ofrece aos viaxeiros unha cómoda viaxe na súa moderna frota,, equipada con butacas Confort Plus, aseos WC, enchufes de corrente e USB en cada asento, servicio Wi-Fi gratuito, iluminación individual, acceso e espazo reservado para PMR, así coma tecnoloxía punta en seguridade.
Ademáis a empresa ofrece o servizo de liñas regulares, o servizo de alquiler de vehículos con conductor e sen conductor, coma parte dun servizo integral adecuado ás necesidades de cada viaxeiro.