Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus patrocina a exposición "Days of the Dinosaur" en Vigo

Tras percorrer media centena de cidades do mundo e máis de 20 países, chega ao IFEVI (recinto feiral de Vigo), a impactante e didáctica exposición “Days of the Dinosaur” que nos permitirá viaxar no tempo 245 millóns de anos atrás.
O principal obxectivo deste evento é compartir cos visitantes unha experiencia auténtica, grazas ao realismo dos dinosauros e aos escenarios que simulan a vida destes seres vivos nun tempo prehistórico.
Arredor de douscentos dinosauros robot pertencentes á Era Mesozoica estarán dispoñibles para os asistentes e varias zonas interactivas: un “dino areeiro” onde os nenos poderán xogar a ser paleontólogos e arqueólogos, unha zona “dino excavación” onde se explicará de xeito sinxelo os métodos empregados por estes profesionais, un “dino ride” para que os pequenos da casa teñan a oportunidade de realizar un circuíto a lombos dun dinosauro, a “dino foto” para obter instantáneas con dinosauros e unha “dino shop” para adquirir produtos oficiais desta exposición.
Coma colofón ofrécese aos asistentes a proxección da película “Big Bang” en formato 3D, na que a persoa se poderá sentir protagonista principal dunha viaxe no tempo ata a orixe do universo.
Monbus, un dos patrocinadores principais, encargarase de desprazar a 9.000 alumnos de forma gratuíta para que, acompañados de guías e profesores, poidan asistir a ese evento.
Se queres desprazarte á Cidade Olívica para asistir a esta exposición, Monbus oferta servizos de transporte regular con saída dende gran parte do territorio galego, Euskadi e Catalunya.
Non te perdas “Days of the Dinosaurs” onde a aprendizaxe se alía co entretemento.

 

IFEVI, Vigo